domingo, 27 de febrero de 2011

Concurso Fotográfico RECORD GUINNESS VIVEIRO

Co motivo dos actos para acadar o Record Guinness,coa maior cantidade de moedas de 5 centimos de Euro xuntas que organiza "Pupo" en Covas,a nosa asociación colabora coa organización dun concurso fotográfico.
O fin será a creación de un banco de imaxes que recollán os actos relacionados coa consecución do record os dias 5 de marzo e os 2 e 3 de abril de 2011.
Será o día 2 o de maior relevancia coa asistencia de un notario que certifique a "xesta".
O concurso terá duas categorías: nenos/as ata 14 anos e desde 14 anos en diante.Terán que enviar tres fotos en formato JPEG a dirección de email info@osnegativos.com con temas relacionados cos actos dos días antes mencionados.
A data máxima para participar será o día 16 de abril de 2011,cando no local da asociación se fallará e entregarán os premios.
O mesmo tempo daremos conta dos ganadores nesta web.


Cartel anunciador do concurso

Os premios serán para as tres mellores fotos de cada categoría,da seguinte maneira:

Categoría Infantil (ata 14 anos):

1º Premio:Trofeo e agasallo
2º Premio:Agasallo
3º Premio:Agasallo

Categoría Adultos:

1º Premio:Trofeo e Cea para duas pesoas
2º Premio:Trofeo
3º Premio:Agasallo

Podedes ver esta noticia completa publicada en La Voz de Galicia do dia de hoxe.


martes, 22 de febrero de 2011

Galeria Fotos 1ªKDD

Podedes ver aqui as fotos publicadas na páxina dos nosos colegas "homologos" de FotoNavia sobre a kdd en Viveiro.

miércoles, 9 de febrero de 2011

EXITO TOTAL NA 1ºKDD

O pasado domingo,día 6 de febreIro,fixemos a primeira quedada (kdd)en Viveiro.O día foi "redondo";bon tempo,boa xente,boa comida,boas fotos...mais non se pode pedir.Só repetir canto antes.
La Voz de Galicia,volve a facerse eco da noticia e publica unha reseña na edición de hoxe xunto con unha foto de todo o grupo na Praza Maior.

miércoles, 2 de febrero de 2011

RECORTE DE PRENSA SOBRE A 1ºKDD

Noticia publicada na VOZ DE GALICIA do dia de hoxe,donde fai referéncia á primeira kdd organizada conxuntamente con Fotonavia(Asturias).