jueves, 24 de marzo de 2011

ACREDITACION FOTOGRAFICA PARA SEMANA SANTA

Onte tivemos unha xuntanza  cos representantes das cofradías da Semana Santa de Viveiro, coa intención de colaborar na creación dun banco de imaxes relativas a este evento tan representativo da Mariña.
A idea é que cada un dos socios do noso colectivo, que así o queira, poida ter unha acreditación por parte da Xunta de Cofradías para dar o seu punto de vista con fotos sobre os actos que se desenvolven ao longo da dita semana.
O fin de todo isto é organizar unha exposición para a Semana Santa do 2012 e acadar que "alguén"poida editar un libro cunha selección das mellores fotos deste ano.
Todo aquel socio "negativo" que queira ser acreditado,ten que mandarnos un correo ao noso buzón cos seus datos personais (incluido telefono) antes do dia 8 de abril.


                                  Cartel Semana Santa 2011-Autor:German Paleo Navarro