jueves, 25 de agosto de 2011

PHOTOXOVE 4.0


Ainda se pode ver a exposición fotográfica  “XOVE  360º”, que nesta súa cuarta edición denomínase “PHOTOXOVE 4.0”,na casa da cultura do concello de Xove ata o 31 de agosto.
A exposición está organizada e patrocinada pola Concellería de Cultura do Concello de Xove, contando coa importante colaboración do Colectivo de Fotógrafos de Xove.  A mesma encardínase dentro do Programa da Festas Patronais do San Bartolo.
Conta coa participación de varios fotografos do Colectivo de Fotógrafos de Xove como son Javier Arca, Enrique Peña, Marta Álvarez, Santos Cordovilla, Mateo Guerreiro, Eduardo Rodríguez ,Rubén Pico e da nosa compañeira Ana Isabel Codesal (ANAGOLDEN) 
A exposición conta con 40 fotografías, 5 de cada fotógrafo. A temática das fotos desta edición foi totalmente libre, iso sí, centrada no Concello de Xove.
A maquetación das fotografías foi realizada por un dos participantes, concretamente por Javier Arca.
Podese ver en horario de 17 a 22 h. todos los dias.


lunes, 22 de agosto de 2011

REPORTAXE NO XORNAL "EL PROGRESO" DE LUGO

No dia de hoxe publicouse unha reportaxe a nivel provincial sobre a nosa asociación,no xornal  "EL PROGRESO" de Lugo.
Esta nova é froito dunha entrevista que lle fixeron ao noso presidente Antonio Vazquez (anvaztra) por parte da redactora da da edición da Mariña de dito xornal,a cal lle agradecemos a sua aportación para darnos acoñecer e poder chegar a mais xente interesada pola fotográfia tanto na Mariña Lucense coma no resto da provincia.
Incluise unha captura de parte de dita nova na que amosan unha das fotos da ultima KDD en Ribadeo.



 Podedes ver a noticia enteira aqui.

sábado, 20 de agosto de 2011

VIDEO NOITES DE LUZ

Xa podedes ver en video a presentación que fixemos,invitados por o Seminario Terra de Viveiro,dentro de "Noites de Luz" .
Salientar a boa acollida por parte do numeroso público de todos os traballos presentados dentro das proxecions do dia 18 de agosto.
Esta vez OS NEGATIVOS presentamos un pequeno montaxe de arredor de 7 minutos sobre tema variado composto por fotos de Paco,Antonio Vazquez,Juan Fernandez,Oscar Pernas,Juan Ocaña e Antonio Ben.
Quedounos un bó sabor de boca e con ganas de facer mais pases nun futuro vindeiro contando coa colaboración dos nosos colegas tanto de Seminario Terra de Viveiro coma de Fotonavia.
Agradecer a colaboración tanto o Concello de Viveiro polas facilidades prestadas coma a Futures polo apoio técnico.


 

                                    OS NEGATIVOS (NOITES DE LUZ,18/08/2011)

jueves, 4 de agosto de 2011

PROXECIONS NA PRAZA MAIOR

Os vindeiros días 2 e 9 de agosto,e coincidindo coas festas patronais,proxectaremos traballos dos "negativos" no palco da plaza maior de Viveiro.
Esta programado para as 22.30h. e contaremos coa colaboración de Futures e por suposto do Concello de Viveiro.
En total serán mais de 12 fotógrafos que amosaran os seus mellores traballos convintemente montados para un pase multimedia.
Estamos a falar co Seminario de Estudos de Viveiro para facer un dos dias un pase conxunto cos fotografos das duas asociacións dentro de "Noites de Luz".
Actualizacion:
Debido a reaxustes no programa de festas,as proxecions previstas dentro de "Noites de Luz" para o vindeiro dia 9 de agosto pospoñense para o dia 18 as 22'30h.,tamen na Praza Maior de Viveiro.
Seran traballos conxuntos de Os Negativos,Seminario de Estudos Terra de Viveiro e dos homologos de Fotonavia (Asturias).
Esperamos vervos por ali.