lunes, 9 de julio de 2012

VICENTE ANSOLA EN VIVEIRO

Seguindo coa "programación" deste ano,tócalle ao prato forte :Vicente Ansola.

Presentamos a colección que forma parte do libro titulado "O pobo das néboas" do cal 5 das fotografías que o compoñen,foron recentemente premiadas co "Master Hasselblad 2012".

Vicente foi seleccionado entre 2400 fotógrafos de todo o mundo como un dos Master Hasselblad de este ano e as suas fotos foron expostas en Londres, Los Angeles ou Nueva York.Nestes momentos prepara o traballo que presentará en Colonia (Alemania) o vindeiro setembro co gallo da feira Photokina.Esta colección logo viaxara ao longo do mundo xunto co libro que coa ocasión se publicara.

Temos de esta maneira unha ocasión única de disfrutar do traballo de este cántabro de nacemento pero galego de corazón.Poderemos ver o seu traballo "O pobo das néboas" en Viveiro do 1 ao 20 de agosto na sala multiusos do Concello Novo de Viveiro.







miércoles, 4 de julio de 2012

"OS NEGATIVOS" AHORA EN XOVE

Si non puideche acercarte a Viveiro,ahora tes a oportunidade de disfrutar do traballo do nosos socios en Xove.
En colaboración coa Concelleria de Cultura do concello,estarán expostas unhas cincuenta fotográfias, do día 8 ó 28 de xullo,na Sala de Exposicións sita encima da cafeteria do Centro Civico.
O horario de apertura será de luns a domingo de 19 a 22 horas.