miércoles, 29 de enero de 2014

PROXECCION EN GERIATROS

Como parte dos actos de celebración do aniversario de apertura do Centro de Atención é Terceira Idade de Viveiro, GERIATROS, proxectaremos un traballo con fotos relacionadas co mar e as suas xentes.
O traballo ten unha duración aproximada de 30 minutos e terá lugar as 11 horas da maña do dia 1 de febreiro na sala de visionado do centro
Serán un total de dous pases, debido o pequeno aforo, e logo faremos unha pequena sesión fotográfica con os modelos que se presten.
Esperamos poder compartir un pequeno anaco emotivo cos nosos maiores e poder ofrecerlles imaxes que algúns, por problemas de movilidade, enfermidades, etc., fai tempo que non pode contemplar.





martes, 28 de enero de 2014

I RUTA BTT DA MERLUZA 2014

Este vindiero domingo temos unha moi boa ocasión para facer fotografía deportiva dentro da I Ruta BTT Da Merluza en Burela.
Organizada polo Club Ciclista Burela, co bó traballo de un dos nosos socios como é Jose A.Rey Pita (Zagato), discurrira por parte dos concellos de Burela e Cervo ao longo de toda a mañá.
Totalmente recomendable tanto para os amantes da velocidade como da natureza, recorrerá este ano como novidade unha das máis espectaculares zoas de costa como é a zoa da Marosa ou Sargadelos.
Debaixo do cartel podedes ver os mellores puntos para afotar.






martes, 21 de enero de 2014

NOVO FORO DE OS NEGATIVOS

Unha vez pasado o periodo de probas, xa está operativo o noso foro dentro da futura páxina de www.osnegativos.es.
Con este paso acadamos unha das metas que sempre nos impuxemos, que é seguir en contacto tanto para aprender como para enseñar todo o que sabemos sobre o mundo da fotografía.
Quen queira xa pode rexistrarse e disfrutar no enlace seguinte:


                                                           http://osnegativos.es/foro



viernes, 17 de enero de 2014

Cea Anual


O vindeiro sábado, día 25 de xaneiro, celebraremos a xa clásica comida anual dos socios de Os Negativos.
Este ano, e como novidade, contaremos con un bó aperitivo xa pola tarde.
Tratase de unha charla sobre "Composición na fotografía" que impartirá un gran fotográfo e divulgador como é Fran Nieto.
Será a partir das 16,30 h. no local da Asociación en Covas. A duración estimada será de tres horas e media, máis ou menos. A asistenza é libre ata encher o aforo do local.
Logo de rematar, desplazaremonos a cear ao Rte,.Boavista en Celeiro arredor das 22.00.h
Pregovos consultedes o noso foro no apartado "socios" tanto para anotarse como para ver o menú. Tamén podedes facelo enviando un email a osnegativosviveiro@gmail.com.
A data tope para confirmar asistencia será o día 22, mércores.







                                                                        Fran Nieto